Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativa do PP no Parlamento para que os menús dos centros públicos consuman produtos galegos

NOTA DE PRENSA:
A Cámara galega solicita tamén que o Goberno central poña en marcha un plan de inspección e mostreo e intensifique o control das importacións deste peixe foráneo

O PARLAMENTO DE GALICIA, A INICIATIVA DO PP, DEMANDA A PROMOCIÓN E A INCORPORACIÓN NOS MENÚS DOS CENTROS PÚBLICOS DE PRODUTOS PROCEDENTES DA ACTIVIDADE PESQUEIRA GALEGA EN SUBSTITUCIÓN DO PEIXE PANGA DO SUDOESTE ASIÁTICO

* A abstención de nacionalistas e socialistas, que non apoiaron esta iniciativa, afonda na “actitude irresponsable” do anterior Goberno bipartito que non quixo favorecer a introdución de peixe capturado pola flota galega nos comedores escolares, hospitais ou residencias, nos que se xeralizou nos últimos anos o consumo de panga procedente do sudoeste asiático, que non ofrecen as mesmas garantías hixiénico-sanitarias” segundo o voceiro de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro

Santiago, 05 de febreiro de 2010.- O Parlamento de Galicia, a iniciativa do Partido Popular, demandará a promoción do consumo de produtos procedentes da actividade pesqueira galega e a súa incorporación nos menús dos centros públicos dependentes da Administración autonómica, tales como escolas, residencias, centros de día ou hospitais, en substitución do peixe panga do sudoeste asiático.

A iniciativa, presentada polo portavoz de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, contou coa abstención de nacionalistas e socialistas o que foi interpretado polo PP como o afondamento na “actitude irresponsable” do anterior Goberno bipartito que non quixo favorecer a introdución de peixe capturado pola flota galega nos comedores dos centros de titularidade autonómica, malia que se estaba a xeneralizar nos últimos anos o consumo de panga procedente do sudoeste asiático, con menores garantías hixiénico-sanitarias.

MAIOR CONTROL POR PARTE DO ESTADO

O Parlamento Galego solicita tamén que o Goberno central poña en marcha un plan de inspección e mostreo e intensifique o control das importacións deste peixe foráneo. Balseiro lembra que o peixe panga procedente do sudoeste asiático foi obxecto de múltiples incidencias no Sistema Europeo de Alerta Rápida de Alimentos e Pensos (RAFF) e que distintos laboratorios científicos teñen demostrado que ao noso mercado chegaron lotes dese produtos con presenza de axentes patóxenos.

A iniciativa que prosperou demanda da Xunta que promova, a través das consellerías competentes, o consumo de produtos procedentes da actividade pesqueira galega que dispoñen das máximas garantías sanitarias e nutricionais e que estes se incorporen aos menús dos centros públicos en substitución daqueles outros cuxa procedencia e garantías de control sanitario suscitan dúbidas ante a evidencia de reiteradas alertas sanitarias europeas.

Exit mobile version