A MARIÑA .- A asociación Folclórico-Cultural A Subela actuará os días 26 e 27 de febreiro no IV Encuentro Nacional de Danzas, con motivo do Día de Andalucía, nas localidades sevillanas de San Lucar La Mayor e Benacanzón (Sevilla).
Nota de Prensa
Os grupos Xunvenil (os medianos) e Senior (os maiores) da Asociación Folclórico-Cultural A Subela actuará os días 26 e 27 de febreiro no IV Encuentro Nacional de Danzas, con motivo do Día de Andalucía, nas localidades sevillanas de San Lucar La Mayor e Benacanzón (Sevilla).
A Subela foi invitada a este evento polo Grupo de Danza Al-Saraf de Benacanzón, grupo que participou no IX Festival Aires do Masma no ano 2009.
A nosa asociación, como agradecemento á invitación que tan cordialmente se nos fai, acude a Sevilla con un detalle conmemorativo (unha panorámica do porto de Foz realizada en cerámica) que donou o Concello de Foz para os Concellos de San Lucar e de Benacanzón; e con outro detalle propio da Asociación para a O Grupo de Danza Al-Saraf, consistente nunha figura que representa unha bailarina, e na primeira edición ilustrada dos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca. Esta edición especial foi publicada no ano 2004 pola Editorial Camiño do Faro cun excelente prólogo do finado Francisco Umbral. Para a publicación deste maravilloso libro, o editor baseouse en estudios e declaracións dos editores e amigos galegos do poeta granadino como Blanco Amor e Anxel Casal entre outros.
O libro contén unha adicatoria da Subela que dí: García Lorca cantó las esencias de Andalucía: sus gentes, sus paisajes… Pero como poeta universal supo y quiso ir más allá para captar el alma de los pueblos. Aquí teneis su maravillosa aportación a la lengua y a la literatura gallegas. Con motivo del IV Encuentro Nacional de Danzas-Día de Andalucía. Para nuestros amigos de Al-Saraf. 26-02-2010.
Agradecemos a publicación desta nova no voso xornal para mañá, pois saímos de Foz ás 9 da mañán e desexamos levar con nós algúns números e entregalos en Sevilla.