BURELA .- Un mariñeiro do barco “Ficha Segundo”, con base en Ribeira, faleceu no afundimento da embarcación que se atopaba a unhas 20 millas ao norte de Burela segundo informou Europa Press. Os outros membros da tripulación foron rescatados por outro pesqueiro, e a dous trasladounos o helicóptero Pesca2 ao hospital de Burela. Os demais chegaron en barco ao porto de Burela. Xunto a estes cinco mariñeiros atopábase o cadáver do único falecido neste afundimento. Segundo o alcalde de Burela, Alfredo Llano, os dous mariñeiros que ingresaron no Hospital da Costa en Burela con síntomas de hipotermia xa foron dados de alta.
REFERENCIA
A 20 millas de Burela (Lugo)
Falece un mariñeiro e rescatan a outro sete tras afundirse un buque
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) –
Un mariñeiro faleceu este mediodía no afundimento dun buque ocorrido a unhas 20 millas ao norte de Burela (Lugo) nun sinistro no que se viron afectados os outros sete tripulantes da nave, foron rescatados da auga por outro pesqueiro.
Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo e 112-Galicia, o accidente sucedeu ao redor das 15.30 horas de hoxe a 20 millas ao norte de Burela, cando o barco ‘Ficha II’, con base en Ribeira, envorcou por causas que aínda se descoñecen.
O oito tripulantes da embarcación foron rescatados entón por outra nave, o Marpar II, seis ilesos e dous con síntomas de hipotermia. Os mariñeiros máis graves foron trasladados polo helicóptero Pesca II ao Hospital de Burela, aínda que finalmente un deles faleceu.