Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta excluíu á Deputación do acto de inauguración da autoestrada Cabreiros-Vilalba

LUGO .- A Deputación de Lugo lamenta que non fose chamada para o acto de apertura da autoestrada de Ferrol-Vilalba, sendo unha infraestrutura de interese para a provincia.

NOTA DE PRENSA:
A Xunta exclúe á Deputación no acto da posta en servizo do treito da AG-64 Ferrol-Vilalba

– Organismo provincial lamenta a decisión da administración autonómica, xa que se trata dun vial que afecta á provincia

– En decembro a Xunta tamén excluira á Deputación nunha reunión do Plan Impulsa, polo que esta non é a primeira vez que o goberno autonómico decide prescindir da institución luguesa

A Deputación de Lugo foi excluída pola Xunta de Galicia no acto da posta en servizo do treito da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. Sobre a cita, que tivo lugar no día de onte e que correu a cargo do titular autonómico, Alberto Núñez Feijóo, no organismo provincial non se recibiu ningunha invitación oficial. Ante esta situación, a Deputación quere manifestar o seu malestar e lamenta a decisión do goberno autonómico, xa que se trata dun vial que afecta a Lugo, e que comunica esta provincia coa de Coruña.

Esta non é a primeira vez que o goberno autonómico ten este tipo de comportamento coa institución provincial. No mes de decembro, a Deputación non fora convidada á reunión do programa Impulsa Lugo que se celebrara na Delegación da Xunta de Galicia lucense. Asimesmo, na anterior xuntanza, celebrada no mes de outubro e na que se abordou este mesmo proxecto, o organismo provincial tampouco fora convocado en tempo e forma. Como son varias as ocasións en que a administración autonómica decidiu prescindir da Deputación, dende o organismo provincial agárdase que a Xunta actúe en consecuencia e non volva excluir á institución luguesa nos temas que son de interese para a provincia.

Exit mobile version