Site icon Crónica3.com A Mariña

Entroido en Foz, Xove e Barreiros, martes en San Cibrao Viveiro e Burela

Barreiros e Xove celebraron o Entroido, tamén Foz, con animados desfiles e que nin o desagradable tempo imperante logrou calar. En Xove o Desfile desenvolveuse dende o Campo Municipal de Fútbol de Xove, pasando pola Rúa Acceso Grupo Escolar, percorrendo boa parte da Avenida Deputación, desviándose á dereita por Doutor Baamonde Illade, continuando polo Camiño Real, para rematar na Praza do Centro Cívico onde os nenos/as puideron disfrutar dun Baile Infantil. Para rematar a xornada, celebrouse un Baile de Disfraces no Pavillón Municipal e fíxose  a entrega de premios.

Exit mobile version