No mesmo participaron 11 parellas. O campionato comezouse a finais de outubro, rematando hai uns dias. O sistema de xogo foi todos contra todos, resultando vencedores as 3 parellas seguintes.
1º.- Servando e Pedrito.
2º.- Milucho e Carlos.
3º.- Enrique e Elier.
As parellas gañadoras recibiron os seus correspondentes trofeos, doados polo Concello, das mans do 1º Tenente de Alcalde José Manuel González.
Unha nota triste empañou ao final este campionato, dado que un dos membros da parella campeona, concretamente Servando Corbelle da Parroquia de San Pedro de Valcarría, que xa non asisteu á entrega de premios, faleceu ao día seguinte desta entrega, o que causou un profundo pesar entre tódolos participantes.
O Concello de Xove, o persoal do Centro Social de Monte e o grupo de xogadores participantes no Campionato, queren expresar o seu máis profundo pesar e acompañar no sentimento á familia do finado.