Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que a Deputación paga publicacións de concellos socialistas

NOTA DE PRENSA:

A Deputación usa fondos públicos para pagar publicacións de concellos socialistas, asegura o GPPP

Lugo, a 13 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que a Deputación usa fondos públicos para financiar publicacións de concellos gobernados polo PSOE nas que o único fin que se persegue é loubar ó rexedor de turno e a figura de José Ramón Gómez Besteiro.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, asegurou que a finais do pasado ano aprobáronse tres facturas, por un importe total de 26.198 euros, referidas unha delas a insercións publicitarias na publicación do concello de Pol, e as outras dúas ó deseño, maquetación e publicidade das publicacións dos concellos de Castro de Rei, Portomarín, A Pontenova, Sarria, Monterroso, Becerreá, A Pastoriza, Fonsagrada e Guitiriz.

Para o voceiro popular, “está é unha mostra máis, e é xa unha lista moi longa, do uso partidista e clientelar dos cartos de todos os lucenses en beneficio do PSOE e de Gómez Besteiro”.

Os populares consideran que o lema do bipartito provincial podería ser perfectamente “pouco traballo e moito despilfarro”, e pídenlle a Besteiro que se adique realmente a traballar polos intereses xerais da provincia na vez de mirar únicamente polos seus propios.

Exit mobile version