Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente de Ribadeo pide que o portavoz do PSOE denuncie a quen atentou contra as árbores

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pídelle a Balbino Pérez Vacas que denuncie á persoa que atentou contra tres chopos preto da capela de San Miguel.

O edil nacionalista sinala que “lle agradecería moitísimo ao portavoz do PSOE que, sabendo como él di que sabe que a motoserra empregada para facer eses cortes nos chopos saiu do almacén municipal, nos dea a coñecer o nome desa persoa”. Cupeiro engade que “sería sorprendente para nós que esto fose así, pero seríamos capaces de levar ao xulgado á persoa que fixo tal barbaridade”.

O concelleiro de Medio Ambiente dille a Pérez Vacas que “se achegue ao Concello, que presente denuncia contra alguén, ou que nos diga polo menos por onde podemos ir para coller a quen cometeu tan vandálico acto”.

Exit mobile version