NOTA DE PRENSA:
O GPPP alerta dun posible trato de favor na adxudicación do proxecto Innóva-te
* Os populares afirman que existiu unha relación contractual previa entre a empresa proposta para a adxudicación e o consulting que redactou o informe técnico
Lugo, a 9 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular alerta de que o Inludes podería ter incurrido nun trato de favor á empresa Mnemo Evolucion & Integration Services, proposta para a adxudicación do proxecto de administración electrónica que quere poñer en marcha a Deputación, dado que o consulting ó que se lle encargou o informe técnico para avalar esta contratación, Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios SL, realizou con anterioridade actuacións con Mnemo mediante unha Unión Temporal de Empresas (UTE).
Para os populares resulta “chamativo por non dicir directamente sospeitoso” que a empresa encargada de avalar unha adxudicación tivera relación directa previa coa empresa beneficiada. Así, cónstanlle, cando menos, que esto aconteceu en dúas ocasións. En concreto, nunha actuación levada a cabo en Canarias no segundo semestre de 2008, por importe de 890.000 euros, e outra, adxudicada o 22 de xuño de 2009, na Comunidade de Cantabria por importe de 1.890.530 euros.
No que respecta ó Innova-te, o Inludes contratou a dirección deste proxecto, por importe de un millón de euros, a Pricewaterhousecoopers.
Entenden os populares que unha empresa que é parte implicada nun proceso de adxudicación non debería ter ningún tipo de relación previa coa adxudicataria. Pero consideran que o plego de condicións, si non foi redactado integramente por Pricewaterhousecoopers, si tivo que ser avalado por ela, dado que un dos seus cometidos é emitir un informe técnico sobre a adjudicación deste proxecto millonario ó que se adicarán 6.699.481,75 euros. Polo tanto, para o GPPP, Pricewaterhousecoopers tería que terse inhibido de emitir o informe do contrato de máis elevado volume económico feito nos dous últimos anos pola Deputación, a favor de Mnemo.
Para os populares resulta igualmente sorprendente que no plego de condicións non se incluíse como aspecto avaliable positivamente a vinculación da empresa adxudicataria con Galicia ou mesmo a posibilidade de desenvolver o proxecto xunto con empresas galegas. De feito, tres das sete empresas que se amosaron interesadas en esta iniciativa están vinculadas con Galicia. Razón que leva ós populares a indicar que, de confirmarse a adxudicación, a Deputación quedaría deslexitimada para facer calquer defensa do emprego na provincia de Lugo.
As dúbidas que o GPPP manifesta sobre o proceso de adxudicación están motivadas por dous aspectos. O primeiro é que as sete empresas que se presentaron ó concurso fixeron a mesma oferta económica: 6.029.534,48 euros, incluido IVE. E o segundo, que tamén resulta moi curioso, é que todas as empresas reducen o prazo de execución a 14 meses. Conclusión, só o informe técnico de Pricewaterhousecoopers decanta a adxudicación hacia Mnemo.