NOTA DE PRENSA:
A LEI DE CAIXAS IMPULSADA POLO BNG NO PARLAMENTO GALEGO E FUNDAMENTAL PARA MANTER O SISTEMA PRODUTIVO DO PAÍS E EVITAR A FUGA DO AFORRO DOS GALEGOS E GALEGAS
Fernando Suárez anunciou a presentación no concello do manifesto “Galiza ten dereito” para que a corporación municipal apoie a iniciativa.
A Mariña, 10 de febreiro de 2010. O BNG aproveitou o mercado de Ribadeo para difundir entre os asistentes ao mercado e entre os comerciantes de Ribadeo a súa posición en relación á Lei de Caixas e a fusión das dúas caixas galegas para a creación dunha gran caixa galega que evite a fuga dos aforros dos galegos e galegas e serva como ferramenta de financiamento dos intereses do país. Os nacionalistas lamentaron a posición do PSdeG que está a demostrar na práctica o sucursalismo do PSOE, no canto de servir aos intereses de Galiza e os seus votantes. Os nacionalistas aproveitaron para anunciar a presentación do manifesto impulsado polo BNG “Galiza ten Dereito” no conxunto dos concellos da comarca, para o que agardan o apoio das corporacións municipais, empezando pola de Ribadeo na que Fernando Suárez anunciou a súa inmediata presentación.
O BNG inicia en Ribadeo unha campaña social e institucional a favor da Lei de Caixas galega como ferramenta e garantía para mantermos un sistema financeiro galego.
Os nacionalistas deron inicio en Ribadeo a unha campaña social e institucional a favor da Lei de Caixas impulsada polo BNG no Parlamento Galego como ferramenta indispensábel para a democratización das caixas galegas e a súa posta ao servizo dos intereses do país. O Responsábel- Portavoz Comarcal, “Antonio Veiga, afirmou que o que nos xogamos e o destino do aforro galego e a restauración do fluxo crediticio a empresas e particulares, polo tanto boa parte das opcións de saída da crise económica”. Veiga aclarou que a Lei de Caixas “non vai contra ninguén, nin contra alcaldes, nin contra territorios, moi ao contrario, e a garantía de que as caixas de aforro sigan vinculadas ao país evitando a drenaxe e expatriación do aforro galego cara a outros territorios do Estado”, neste sentido, “lamentou a falla de autonomía do PSdeG, no que non se sabe quen manda, se algún alcalde desnortado ou a sede de Ferraz, dende logo non os intereses dos galegos e das galegas”
Campaña social e institucional con inicio en Ribadeo para apoiar o manifesto “Galiza ten dereito”
Os nacionalistas iniciaron en Ribadeo unha campaña social e institucional para dar a coñecer o manifesto impulsado polo BNG “Galiza ten dereito”, asinado ademais de polo BNG, pola CIG, CC.OO., UGT, PP e CEG, que será presentado no conxunto dos concellos da comarca e a entidades sociais e económicas da Mariña ás que se lles trasladará o convite para a súa adhesión. Antonio Veiga explicou que “o que o BNG defende e unha fusión paritaria e equilibrada das caixas galegas, xa que outras alternativas non son viábeis por si soas e o resultado doutros experimentos e a garantía da súa absorción por entidades foráneas co traslado da súa sede a Madrid”. Pola súa banda, Fernando Suárez anunciou a presentación inmediata do manifesto para o seu debate na Corporación Municipal de Ribadeo, “para o que agardamos o apoio maioritario”.
Satisfacción dos nacionalistas por polo impulso político iniciado coa proposta para a elaboración da nova Lei de Caixas e o apoio maioritario das forzas sociais e políticas do país ao manifesto “Galiza ten dereito”
Os nacionalistas mostraron a súa satisfacción por ser os impulsores da elaboración da nova Lei de Caixas e o apoio case unánime do conxunto das forzas económicas, sindicais e políticas do país ao manifesto “Galiza ten dereito”. “Antonio Veiga, manifestou que cando os intereses do pais están en xogo, as siglas políticas deben quedar ao marxe”, o nacionalista aclarou que, “si intereses alleos non o impiden, a aprobación da nova lei de caixas permitirá a súa posta ao servizo da sociedade galega para o que demandou que o goberno galego sexa quen de tirarlle a máxima potencialidade, xa que do contrario o BNG estará vixiante para que isto se produza.”