Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan no Bar Restaurante Oviedo de Ribadeo as xornadas da pasta fresca

O 1 de marzo dan comezo no Bar Restaurante Oviedo as xornadas da pasta fresca. Os amantes desta comida poderán degustala de luns a domingo tanto no restaurante como no bar até finais de mes. Miguel Angel Martín, cociñeiro e propietario do Oviedo, asegura que “trátase dun tipo de comida que á xente gústalle moito. Ofrecemos pratos típicos da gastronomía italiana e outros un pouco máis modernos con salsas diferentes e con recheos distintos”. A pasta chega desde Italia “e outra é feita aquí como a lasaña rechea de verduras de tempada ou os canlóns á boloñesa, temos tamén pastas recheas como os tortellonis xigantes, pastas frescas e pascas secas. Temos do catro ou cinco variedades que se traballan de pasta diferentes”.
Miguel Angel Martín destaca que “son unhas xornadas moi suxestivas con moitos pratos a uns prezos moi alcanzables e ao alcance de todos os petos. Ademais será posible probar a pasta tanto no restaurante como no bar. A barra está a ter bastante aceptación no noso negocio, hai moita xente que está a vir a tomar racións e non queriamos que se privasen de probar todos estes pratos de pasta”.
O cociñeiro do Oviedo sinalas que “as xornadas que fixemos até a data funcionaron ben, do mesmo xeito que os cambios que lle habemos ir introducindo á carta. A clientela aplaude este tipo de cousas porque se aburren para comer sempre o mesmo, hai que facer que goce con xornadas orixinais e distintas”.

Exit mobile version