Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo decreta dous días de loito oficial pola morte dun traballador

CERVO .- O alcalde de Cervo decretou dous días de loito oficial pola morte en accidente do traballador D. Juán Carlor Ben Quelle.

DECRETO DE ALCALDÍA Nº 107/2010

En virtude das facultades que me confire a lexislación vixente, e tendo en conta que na tarde – noite do día vinte e cinco de febreiro, faleceu D. Juan Carlos Ben Quelle, vítima dun infortunado accidente, ante tal fatal acontecemento sobrevido a unha persoa estreitamente vinculada ao noso concello no que desempeñou o seu traballo profesional con gran eficacia, e era persoa moi querida e coñecida por todos os veciños, esta Alcaldía, como medida de urxencia, ACORDA:

PRIMEIRO.- Decretar dous días de loito entre as 12:00 horas do venres 26 de febreiro ata as 12:00 horas do domingo 28 de febreiro, como homenaxe ao falecido, durante cuxo tempo as bandeiras permanecerán a media asta e, a local, con crespón negro.

SEGUNDO.- Suspender todos os actos públicos oficiais, organizados polo Concello de Cervo, a través de calquera das súas delegacións, servizos ou departamentos.

TERCEIRO.- Transmitir formal e persoalmente as condolencias a familiares e amigos así como participar nos actos do funeral.

CUARTO.- Testemuñar as condolencias mediante un anuncio público en medio de comunicación e entregar coroa floral como recoñecemento do gran pesar que aflixe aos veciños do concello ante tan tráxico suceso.

Así o resolve, manda e asina o señor Alcalde – Presidente, Cervo, 26 de febreiro de dous mil dez.

O alcalde,

Alfonso Villares Bermúdez

Exit mobile version