O pasado sábado celebrouse a concentración nº 50 en demanda de un servizo de urxencias médicas no centro de saúde de FOZ.
Eu quero felicitar, animar e agradecer, os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, o seu interese e implicación na procura das melloras sanitarias.
A súa loita e un exemplo de tenacidade en busca de reparar a inxustiza que se cometeu con Foz cando se deseñou o actual mapa sanitario de Galicia.
E unha magoa que esta forma de reivindicación pacifica non sexa secundada por moita mais xente, escomenzando por os lexítimos representantes municipais. Si así fose outro galo cantaría. Pero o tempo poñerá a cada quen no seu sitio.
Quero aproveitar para dicirlle os membros da Comisión Focega que na súa loita teñen algúns puntos a favor e outros en contra. A favor teñen entre outras os seguintes:
* O Compromiso, en distintos momentos, de representantes dos tres partidos do Parlamento de Galicia.
* A xustiza da súa demanda. Foz e o único Concello galego con dez mil habitantes sen este servizo. Tamén se debe ter en conta que o PAC de Burela e o mais masificado de Galicia. E aínda que está preto de Foz, as esperas no mesmo, sobre todo en algunhas datas, supera con moito as de calquera outro PAC galego.
Entre os puntos que teñen en contra, eu destacaría, que para a maioría dos políticos, tanto o compromiso como a xustiza das demandas non teñen ningún valor. O que deixa sen forza a reclamación da Comisión Focega.
Ós políticos non lles move o que a reclamación sexa de xustiza, nin tampouco ningún compromiso por moi firme que este sexa, e menos feito en época electoral. Son, con diferencia, a profesión con menos credibilidade.
Ós políticos so os move, ou ben a forza dos votos, ou ben un interese persoal en resolver o tema por parte de algún dirixente de relieve do partido gobernante.
Estou seguro que un interese en resolver o problema por parte da Conselleira de Saúde, ou do Presidente da Xunta, eliminaría os atrancos.
Tamén tou seguro que se conseguiría o servizo de urxencias médicas, si a un candidato a presidir a Xunta de Galicia, e que o seu partido lle faltase un deputado para acadar a maioría absoluta, un deputado de un partido independente lle ofrecese o seu apoio a cambio de dito servizo.
Así que os membros da Comisión, xa sabedes, ou a convencer a un dirixente con capacidade de decisión do partido gobernante na Xunta, ou ben, a buscar ese voto decisivo para unha investidura.