Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña do Concello de Burela e IES Perdouro de sensibilización do uso da lingua galega no comercio

A Biblioteca do IES PErdouro acolle o martes, día 9, ás 11:15 horas, a presentación dunha campaña realizada conxuntamente entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Concellaría de Comercio e Turismo do Concello de Burela. O concelleiro de Turismo, Xosé González Legaspi, a coordinadora do equipo docente, Miruca Parga, e o director do IEs Perdouro, Juan Sama, reuniranse co alumnado do primeiro curso de bacharelato para explicarlles os pormenores da campaña de sensibilización do uso da lingua galega no comercio e faranlles entrega duns adhesivos para agasallar ás persoas que realicen as compras nos establecementos da localidade.

Exit mobile version