Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela solicitará axudas para desenvolver dous proxectos no grupo de acción costeiras A Mariña-Ortegal

BURELA (FNC) ._ O Concello acolleu nas últimas horas unha xuntanza do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal na que participaron o alcalde, Alfredo Llano, membros da CEL, da Cámara de Comercio e dos Armadores de Burela.

O rexedor sinalou que “Burela solicitará axudas para desenvolver dous proxectos relacionados coa divulgación do noso peixe e colaboraremos con asociacións para axudarlles tamén a solicitar as partidas económicas que precisen para realizar os seus propios proxectos. Pensamos que se poden conseguir cousas importantes relacionadas co mundo mar, porque hai moitos proxectos ou iniciativas moi interesantes para levar adiante”.

Exit mobile version