Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela convoca os hostaleiros para organizar as Xornadas do ourizo e pescada do pincho

A Delegación de Mar convoca a todos os hostaleiros de Burela a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro luns 8 de febreiro ás 19 horas no salón de plenos do Concello de Burela. Segundo explica Remedios López Villar “no Concello estamos interesados en repetir de novo as xornadas de promoción do ourizo nos meses de febreiro ou marzo e as da pescada do pincho na primeira fin de semana das festas. Queremos poñer un tapeo polo pobo igual que en anos anteriores, para seguir a promocionar os produtos do noso mar”.

Exit mobile version