NOTA DE PRENSA
O GMPP denuncia o estado do camiño de Foxo.
Os populares pídenlle ó alcalde que solucione o asunto “xa”.
Consideran que as cousas do día a día van “mui lentas”.
O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que as cousas do día a día van “demasiado lentas” no concello, eso sí, de acordo co ritmo que lles imprime o alcalde. Os populares piden que se solucione de unha vez por todas o derrumbe do camiño de Foxo, na zona de A Casilla, porque non se tomaron as medidas que se deberían tomar e corre peligro de novo.
O GMPP lembra que xa preguntou pola situación deste camiño hai meses, e que o alcalde dixo que falaría con FEVE. “Cremos que nada se fixo, porque as cousas están igual, só se aplicou un pequeno parche e nada máis. Se o alcalde falou con FEVE,xa nos imaxinamos a conversación: moito colegueo e pouco compromiso reivindicativo”.
Os populares aseguran que hai veciños e usuarios que lles teñen transmitidas as súas queixas, porque a situación leva así practicamente dous anos e medio, e nada se tén solucionado.
Finalmente, indican que esto é o que demostra a enorme capacidade do alcalde e do bipartito para sacar para adiante os problemas do día a día, que son os que lle afectan realmente ó conxunto dos cidadáns.