NOTA DE PRENSA
A Xunta corrobora que nos últimos orzamentos autonómicos deseñados por PSOE e BNG non había crédito orzamentario para licitar o equipamento da escola, polo que unha vez máis será un Goberno do PP quen leve adiante a apertura deste centro de benestar para nenos de entre 0 e 3 anos
BENESTAR CONFIRMA, EN RESPOSTA OFICIAL, QUE O GOBERNO BIPARTITO NON DESTINOU ORZAMENTO ALGÚN PARA A APERTURA DA ESCOLA INFANTIL DE FOZ
* Mentres que o bipartito non destinaba un só euro para a escola infantil despilfarraba máis de 456.000 euros en publicidade e propaganda, fronte aos 40.000 que se destinarán no exercicio actual a este fin
* Traballo e Benestar confirma que 42 nenas e nenos formalizaron a súa matrícula e a de Foz forma parte das 8 novas escolas infantís que impulsará neste primeiro trimestre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A Mariña lucense, 11 de febreiro de 2010.- A través dunha reposta oficial por escrito ao deputado popular Jose Manuel Balseiro, a Consellería de Traballo e Benestar confirmar que o Goberno bipartito non destinou orzamento algún para a apertura da Escola Infantil de Foz. A Xunta de Galicia corrobora tamén, que nas últimas contas autonómicas deseñadas por PSOE e BNG, no 2009, non había crédito orzamentario para licitar o equipamento da escola, ratificando polo tanto as sospeitas dos populares.
Mentres que o bipartito non destinaba nin un só euro para a Escola Infantil si despifarraba máis de 456.000 euros en publicidade e propaganda, unha cantidade que contrasta cos 40.000 euros que destina no exercicio actual o novo Executivo autonómico a este fin.
Traballo e Benestar confirma tamén que 42 nenas e nenos formalizaron a súa matrícula na nova gardería de Foz e que o novo centro desta localidade, forma parte das 8 novas Escolas Infantís que impulsará neste primeiro trimestre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
SERÁ UN GOBERNO DO PP QUE ABRA A ESCOLA
Unha vez máis queda acreditado o esquecemento no que incorría o Goberno bipartito cando se trababa de potenciar os servizos públicos de benestar na Mariña. Mentres que se sucedían as promesas e os anuncios propagandísticos o Executivo de PSOE e BNG esquecía o básico, incorporar no orzamento as partidas específicas para que a escola de Foz e outros centros puidera ter o respaldo presupuestario suficiente, para que puidera dispoñer dos recursos necesarios para facela realidade nun futuro próximo. Mentres que agora, a situación ten trocado, e será unha nova administración comandada polo Partido Popular quen leve adiante o proxecto, achegando os recursos económicos e materiais precisos para a apertura da nova Escola Infantil de Foz.
……..
Copia literal da resposta oficial sobre a Escola Infantíl de Foz
“Nos orzamentos do Consorcio para o ano 2009 non consta ningunha partida destinada á apertura da escola infantil no Concello de Foz.
Para licitar o equipamento non había crédito orzamentario no exercicio 2009. Nas próximas semanas será licitado o equipamento cara a posta en funcionamento da escola no primeiro trimestre deste ano, como xa fora anunciado no seu momento.
O orzamento destinado a publicidade no ano 2009 no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ascendeu a 456.000 euros, fronte aos 40.000 que se destinarán no exercicio actual.
O pasado 15 de decembro rematou o prazo para a matriculación de nenos e nenas na escola infantil de Foz, presentándose un total de 45 solicitudes, todas elas admitidas. Finalmente formalizaron matrícula 42 nenos e nenas: 17 no tramo de 0-1, 21 no tramo de 1-2 e 4 no de 2-3
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar porá en marcha neste primeiro trimestre oito novas escolas infantís, un total de 524 novas prazas, entre as que se atopa a de Foz. A oferta total do Consorcio para 0-3 anos superará, coa apertura destes centros, as 4.500 prazas.”