Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o BNG de Cervo que informará en varios actos da afectación do POL

Nota de Prensa

O BNG DE CERVO INFORMARÁ  EN VARIOS ACTOS DA AFECTACIÓN DO POL NO TERRITORIO MUNICIPAL

O pleno do venres debaterá unha moción nacionalista instando ao goberno local á creación dunha comisión non permanente para o estudo e valoración do documento

Os nacionalistas entenden que os cidadáns deben coñecer polo miúdo os efectos desta normativa sobre a ordenación urbanística do concello

Cervo, 16 de febreiro de 2010. O BNG ten prevista a organización de varios actos informativos para que os veciños e veciñas do concello coñezan polo miúdo os efectos do Plan de Ordenación do Litoral no territorio municipal. Para isto ten prevista a organización de varios actos, o primeiro terá lugar o mércores 17 no Local Social de Lieiro ás 19.00hrs. e o xoves 18 na Casa da Cultura de San Cibrao no mesmo horario, das previsións para outros actos darase coñecemento con posterioridade. O pleno a celebrar o vindeiro venres debaterá unha moción nacionalista na que se insta ao goberno local á creación dunha Comisión non Permanente para o estudo e valoración das directrices de ordenación fixadas polo POL.

O POL afecta en Cervo a unha superficie equivalente a case 600 campos de fútbol por riba da franxa dos 500 metros da costa

A afectación do POL en Cervo inclúe 1.200 ha. de chan, das que 586 están por riba da franxa dos 500 metros da costa, unha superficie equivalente a case 600 campos de fútbol que contarán de acordo con este plan, ao que se deberá adaptar toda a normativa urbanística municipal, con diferentes graos de protección que pasan dende a protección total en primeira liña de costa, ríos ou espazos declarados de interese medioambiental; unha segunda barreira denominada de mellora paisaxística e medio ambiental que agás excepcións, non permite novos desenvolvementos urbanísticos e unha terceira de ordenación  que o futuro PXOM determinará os seus usos. En Cervo tanto dentro como fora da franxa dos 500 metros de costa este plan limita a construción.

Actos informativos para que a cidadanía coñeza os efectos do POL en Cervo

O BNG xa ten programados dous actos informativos para dar a coñecer os diferentes graos de protección do POL, tanto no interior como en primeira liña de costa. O primeiro acto terá lugar no Local Social de Lieiro o mércores 17 ás 19.00hrs. e o segundo na Casa Da Cultura de San Cibrao o xoves 18 ás 19.00hrs., aínda que están previsto a organización de outros.

O pleno debaterá  o venres unha moción que insta ao goberno local á criación dunha comisión específica para o POL.

O pleno municipal debaterá  o venres unha moción nacionalista que insta á creación dunha comisión non permanente para estudo e valoración do POL, xa que o concello deberá emitir suxestións sobre o documento aprobado inicialmente polo Xunta de Galiza o pasado 8 de xaneiro. Os nacionalistas explican nesta moción que se debera dar participación a tódolos axentes que operan no urbanismo, con especial atención á entidades sociais que representan aos veciños e veciñas afectadas directamente por este plan.

Exit mobile version