RIBADEO .- A número 5 na candidatura do Partido Popular de Ribadeo nas últimas eleccións municipais, Ana María Docobo Fernández, substituirá como concelleira do PP no Concello ribadense ao falecido José Duarte. Así o confirmou hoxe, luns, a propia Ana Docobo á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) logo de estar meditando sobre este asunto durante o pasado fin de semana.
De momento non se sabe quen ocupará o posto que José Duarte deixa vacante na executiva local do Partido Popular de Ribadeo, que segue inmerso no proceso para elixir o candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2011 entre os seis afiliados que se presentaron para ser cabeza de lista.