O salón de plenos do Concello de Ribadeo acollerá mañá xoves a partires das 20:30 horas o acto de presentación da fase de precomercialización do parque empresarial ribadense. Un acto no que participarán técnicos de SEPES, do IGAPE e do LEADER da Mariña e no que se falará de prezos, de financiamento, de axudas. O alcalde, Fernando Suárez, lembra que “o acto é aberto a todos os veciños de Ribadeo e a todas aquelas empresas do concello, da Mariña e do Occidente asturiano que poidan estar interesadas en instalarse no polígono industrial”. O rexedor convídaos a todos a asistir a esta xuntanza
Acto de presentación da fase de precomercialización do parque empresarial de Ribadeo
Acto de presentación da fase de precomercialización do parque empresarial de Ribadeo
Relacionado
-
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á clausura da 41ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), celebrada ao longo desta fin de semana na localidade lucense de Cospeito
-
Clausura da exposición Universo Vizoso
-
O Museo do Mar de San Cibrao acolleu este sábado unha nova conferencia do ciclo “Cousas Nosas. Encontro de Saberes” co artista Daniel Caxigueiro