O salón de plenos do Concello de Ribadeo acollerá mañá xoves a partires das 20:30 horas o acto de presentación da fase de precomercialización do parque empresarial ribadense. Un acto no que participarán técnicos de SEPES, do IGAPE e do LEADER da Mariña e no que se falará de prezos, de financiamento, de axudas… O acto é aberto a todos os veciños de Ribadeo e a todas aquelas empresas do concello, da Mariña e do Occidente asturiano que poidan estar interesadas en instalarse no polígono industrial”.