NOTA DE PRENSA
O GMPP: “tiñamos razón en que non había contrato para os cursos das mulleres”.
Os populares acreditan que o bipartito rectifica.
Consideran que Nieves Cando debería disculparse por todo o que dixo.
O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que tiveron toda a razón cando denunciaron publicamente que non había contrato asinado para a realización dos cursos adicados ás mulleres durante o ano 2009, o que trouxo consigo problemas para pagarlle á empresa que os estaba impartindo.
Esto queda demostrado, segundo os populares, porque con data do pasado dezaoito de Xaneiro hai dous decretos da alcaldía para contratar o curso de preparación ó parto por un ano e os demais cursos por cinco meses, cousa que non había o ano 2009. Pois ben, esta rectificación do bipartito significa que agora o procedemento axústase á legalidade e que poderán consignarse os fondos precisos para facer fronte a estes gastos sen necesidade de andar facendo cambios de cartos dun sitio para outro, e ademais garánteselle á empresa o cobro das contías que lle corresponden. O PP lembra que no seu día xa manifestara que había documentos oficiais do concello que dudaban da legalidade dos pagos que se estaban facendo e que recomendaban que se establecesen contratos para estas actividades.
O PP vé satisfactoria esta rectificación, ainda que bota de menos a rectificación de Nieves Cando. Segundo os populares, Cando adicouse a criticar ó PP decindo que o PP non quería os cursos para as mulleres, cando foi o PP quen os puxo en marcha, e de eso sabe bastante máis Raquel Río ca Nieves Cando. Pero Nieves Cando nunca dixo a verdade, como fai sempre, e nunca recoñeceu que o que o PP decía era verdade, e que habería que rectificar. Pois ben, Nieves Cando debería pedirlles disculpas primeiro ás mulleres que asisten ós cursos, por non decirlles a verdade, e segundo ó PP para recoñecer que tiñamos razón. Ainda que coñecendo a súa forma de facer política pelín soberbia e fachendosa, non fará nin unha unha cousa nin a outra.