Site icon Crónica3.com A Mariña

Acordos da Xunta para facer obras en Xove, Foz e para elaborar un plan sectorial de solo empresarial

SANTIAGO .- No consello da Xunta de hoxe acordouse destinas 50.500 euros para a execución de obras de mellora na ponde da Barxa en Xove, achegar dous millóns de euros para mellorar a rede de abastecemento de auga en Foz e iniciar o procedemento de elaboración dun plan sectorial de solo empresarial de Galicia.

NOTA DE PRENSA:

MEDIO AMBIENTE DESTINA 50.500 EUROS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA PONTE DA BARXA SOBRE O RÍO RIGUEIRA NO CONCELLO DE XOVE

  • O acceso a esta infraestrutura e á zona da Barxa presenta carencias, polo que as obras significarán importantes beneficios para os veciños da zona
  • Nesta actuación tamén se traballará na recuperación das marxes deste río lucense co fin de mellorar os contornos desta zona