Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo organizan as IX Xornadas do cocido de Entroido

RIBADEO (FNC) .- Mañá xoves dan comenzo as IX Xornadas do Cocido de Entroido que organizan ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo. Un total de 11 establecementos hostaleiros do concello ofrecerán exquisitos cocidos aos seus clientes ata o vindeiro 16 de febreiro. Son: La Balastrera, La Solana, A Dorada, Al Punto, Oviedo Bar II, O Cabazo, San Miguel, El Huerto, Marinero, La Villa e Costa Verde.

Segundo explica a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, “todos os que acudan a esta cita gastronómica recibirán unha papeleta na que deberán poñer o seu nome e o seu número de teléfono e así entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para gastar nos establecementos hostaleiros participantes na fin de semana do 20 e do 21 de febreiro. O sorteo deste premio farase o día 18 pola tarde nas nosas oficinas, onde tamén terá lugar o outro sorteo que temos en marcha que é o da campaña de San Valentín”.

Irigoyen amósase satisfeita “coa participación da hostelería nas xornadas do cocido que xa chegan á súa novena edición e nas que este ano logramos reunir a once restaurantes de Ribadeo”.

Exit mobile version