O Concello de Xove organiza o “Antroido 2010”, o sábado 13 de febreiro a partires das 5 da tarde. Mantén aberta a inscrición no concello de Xove, oficina do técnico de Cultura, de de 8:30 a 15:00 horas, ata o venres 12 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello. Tamén o mesmo día do desfile (13 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial. O Concello ten previsto que quen participe a nivel individual, como parella, comparsa, grupo ou carroza, que se houberan inscrito antes do 13 de febreiro, reciban un agasallo entregando o ticket facilitado previamente pola Organización. Quen se inscriba o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo.