A MARIÑA .- A anunciada virulencia do vento da tormenta Xynthia nada tivo que ver cos danos ocasionados polo ciclón Klaus o pasado ano, a finais de xaneiro, na costa lucense. Xynthia deixou máis auga que vento en A Mariña. Con todo, o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, as nove da noite do sábado, levaba atendidas máis de 800 incidencias relacionadas co temporal. En Burela houbo repetidos cortes de luz durante a a noite, algún de unha hora de duración. Para domingo a previsión inicial continua con alerta laranxa na costa de Lugo
As previsións difundidas para o sábado e a alarma dada non se correspondeu co descurrir do día, humedo, cheo de névoas baixas, choivas e vento, aínda que menos que outras veces nas que non se prevé un fenómeno meteorolóxico adverso.
Xynthia afectou máis a outras partes de Galicia e da península que en A Mariña, onde se esperaban refachos durante a tarde noite do sábado ata o amencer do domingo.