O VICEDO .. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración con concello do Vicedo, anuncia máis actividades de achegamento ás Nova Tecnoloxías que terán lugar no mes de xaneiro. O obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terá lugar é a seguinte:
o“Iniciación a internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet .Desenvolverase de luns a xoves, do 1 ao 11 de febreiro, de 16:00 a 17:30 horas.
o“Iniciación a informática: GNU/Linux”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas …) e funcionalidades básicas que ofrece un computador, neste caso usando un sistema operativo baseado en software libre. Desenvolverase de luns a xoves do 15 ao 25 de febreiro, de 16 a 17:30 horas.
o“Búsqueda de emprego”: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa capaz de identificar as ferramentas necesarias para elaborar un currículo e promocionalo pola Internet. Desenvolverase de luns a xoves do 17 ao 25 de febreiro, de 18:00 a 19:00 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla “Como crear o currículo” que terá lugar o dia 15 ás 4 da tarde no Centro de Dinamización.
O prazo de inscrición para estas actividades será até o comezo de ditas actividades.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao
Centro de Dinamización de O Vicedo, sito no baixo da casa da cultura, chamar ao teléfono
982.590.195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.fundacioncalidade.org.