Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma en defensa da área norte e da sanidade publica reuniuse coa Concellería de Sanidade

SANTIAGO .- A Plataforma en defensa da área norte e da sanidade publica reuniuse coa Concellería de Sanidade. A xerencia integrada de área norte terá plena autonomia na xestión de recursos materiais e humanos e o centro de gasto estará en burela asegura a Plataforma en defensa da área norte e da sanidade publica qu se reuniu coa Concellería de Sanidade .

Nota de Prensa

A  EXECUTIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA ÁREA NORTE E DA SANIDADE PUBLICA, tivo onte día 4 de febreiro  as 17,30h unha reunión con membros da Consellería de Sanidade.

Asistentes:

* Pola Plataforma: Pilar Méndez, Ramón Vázquez Andrade, Rosa López, Fátima Rodríguez Moreda.
* Pola Consellería: Ángel Facio Villanueva (Subdirector Xeral de Planificación e Ordenación Asistencial), Mercedes Carrera Viñas (Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial), Luis Verdes (Xerente da Área Sanitaria de Ferrol). Ás 18h30 incorporouse a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía.

Inicio da reunión: exposición dunha serie de cuestións por parte dos representantes da Plataforma a fin que os representantes da Consellería deran as oportunas respostas.

1. En relación ó ORGANIGRAMA da área sanitaria norte, iniciase cunha exposición da actual situación do mapa sanitario, tanto a nivel de asistencia primaria (toda a provincia de Lugo) como a nivel de asistencia especializada (A Mariña).

– as áreas sanitarias non van variar. O que varía é o modelo de organización, pero non se modificarán demasiadas cousas.

– a proposta do modelo organizativo de coordinación sanitaria notificarase ós interesados e colgarase na web do SERGAS para que se fagan as oportunas alegacións. Aínda se está traballando neste tema.

– insistencia no marco normativo que hai que respectar (Lei 8/2008 de Saúde de Galicia).

– aínda que se estableza un sistema de xestión integrada, haberá dous niveis orzamentarios: un para atención primaria e outro para atención especializada.

Neste momento incorpórase á reunión a Conselleira de Sanidade quen, na súa exposición e a preguntas da Plataforma, afirma o seguinte:

– co novo modelo de ordenación búscase a promoción e mellora do Hospital da Costa

– preténdese que sexa o profesional do centro “grande” (Lugo) o que se mova ó “pequeno” (Burela).

– a carteira de servizos  non solo se manterá, se non que se ampliará

– a Área Norte terá xerencia propia, será unha xerencia integrada polo que se xestionará a asistencia primaria e a asistencia especializada polo mesmo xerente de área.

– a xerencia de Burela terá un presuposto propio independente de Lugo

– da “superxerencia” de Santiago dependerán as xerencias das áreas sanitarias, haberá unha xerencia única/integrada en cada área dependente de Santiago.

* A XERENCIA INTEGRADA DE ÁREA NORTE TERÁ PLENA AUTONOMIA NA XESTIÓN DE RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS: O CENTRO DE GASTO ESTARÁ EN BURELA.

Esta plataforma estará  vixiante   para que estas  declaracións da Sra. Conselleira se cumpran tal e  como ela  as manifesta.

Exit mobile version