Site icon Crónica3.com A Mariña

A planta de gas e a súa distribución en Cervo é un proxecto iniciado en 2007, asegura o BNG

Nota de Prensa

A PLANTA DE GAS LICUADO E A SÚA DISTRIBUCIÓN EN CERVO FORMA PARTE DUN PROXECTO INICIADO POLA CONSELLARÍA DE INDUSTRIA EN XUÑO DE 2007

Villares pretende agora atribuírse méritos que non lle corresponden na instalación e distribución do gas licuado en San Cibrao

Si Villares quere facer algo que xestione a ampliación do servizo ao resto do municio

Cervo, 6 de febreiro de 2010. O BNG saíu a aclarar as circunstancias que rodean a instalación dunha planta de gas licuado e a súa distribución no concello de Cervo.  Os nacionalistas acusaron ao alcalde de pretender atribuírse méritos alleos xa que nin o alcalde nin o Partido Popular de Cervo tiveron arte nin parte na posta en marcha deste proxecto. O BNG lembrou que esta iniciativa forma parte dun proxecto mais ambicioso iniciado polo anterior Conselleiro de Industria, o nacionalista Fernando Blanco, que asinou un convenio en xuño de 2007 coa empresa Gas Galicia, S.D.G. co fin de desenvolver en catro anos a cuarta fase do Plan de gasificación de Galiza coa pretensión de adiantar este servizo á chegada da rede convencional, mediante de plantas de  almacenamento e redes de distribución primaria e secundaria en 25 concellos do país cun investimento de 18 millóns de euros, entre os que se atopaba o concello de Cervo que foi distribuída en dúas fases, unha cun investimento de 316.800 euros e a segunda dotada de 274.000.

Mentres o PP criticaba ao BNG no goberno galego sucedíase a tramitación administrativa para dotar a Cervo deste servizo cun investimento de mais de 600.000 euros.

O concello sempre tivo información puntual de toda a tramitación administrativa do proxecto, dende o proxecto de autorización administrativa notificado o 8 de novembro de 2007, e sometido a información publica, pasando pola exposición pública do proxecto para a planta satélite de gas licuado e as súas redes primaria e secundaria de distribución en outubro de 2008, tramitación do proxecto medioambiental, etc.

A intención da anterior Consellaría de Innovación e Industria formaba parte dun proxecto global de adiantar a chegada de gas licuado ao concello de Cervo, mediante un convenio coa empresa Gas Galicia, S.D.G, cun investimento global de mais de 600.000 euros, no que o goberno local simplemente participou na exposición pública dos diferentes trámites administrativos. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, estráñase que o alcalde de Cervo trate agora de atribuírse o mérito do conxunto do proxecto cando o único que fai e asinar un convenio para o alugar os terreos municipais para as instalacións necesarias. “Estúa deixou claro que nin Villares nin o PP promoveron nin a planta de gas, nin as redes de distribución e moito menos a execución da obra que xa estaba planificada dende fai moito tempo.”

Por moito que o PP tratara de tapar os investimentos realizados no Polígono de Cuíña as obras son evidentes.

O poortavoz nacionalistas asegurou que o PP tratounos últimos catro anos de tapar as iniciativas levadas adiante por áres de goberno nacionalistas no polígono de Cuiña, así está á vista a execución das redes de subministro de gas licuado do que non só se poderán beneficiar as empresas aí instaladas, senón tamén o conxunto dos veciños e veciñas de San Cibrao. Ademais, a Consellaría de Vivenda e Solo puxo a disposición dos promotores empresariais 127.000 mº de solo industrial no que investiu 1,2 millóns de euros e solo dotacional que xa foi entregado ao concello no que Vilares puxo a nota de color, instalando unha pista de padel que ninguén usa.

O que ten que facer Villares e nos recoñeceremos será xestionar a ampliación da rede de gas ao resto do concello.

Ao contrario do que fai Villares que non sabe agradecer a aposta de consellarías nacionalistas por Cervo, neste caso coa rede de gas ao polígono de Cuíña e á  vila de San Cibrao, o BNG si saberá agradecer e os veciñas e veciños tamén, a ampliación do servizo ao resto do concello, esa sería unha xestión nova e non outras que recibiu en herdanza e agora pretende apropiarse.

Exit mobile version