Site icon Crónica3.com A Mariña

A nave cuberta do porto de Ribadeo non se levará a cabo no lugar e tipoloxía elixidas, asegura Portos de Galicia

RIBADEO .- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciou en Ribadeo que a nave cuberta para carga, descarga y almacenamento no porto, non se levará a cabo no lugar e tipoloxía elixidas. Sen embargo manifestou o seu compromiso co porto e en especial cos tráficos comerciais para buscar un lugar distinto, con outra tipoloxía e axeitado que cumpra coas condicións necesarias e as necesidades dos usuarios.

Nota de Prensa

Álvarez-Campana: “pensamos que o podemos facer ben e competir en vantaxe con calquera outro porto. Vamos a pelexar para manter aquí os tráficos”

PORTOS DE GALICIA DINAMIZARÁ E BUSCARÁ SOLUCIÓNS EFECTIVAS PARA UN PORTO CON FUTURO E IMPORTANTES TRÁFICOS COMERCIAIS

* Estas declaracións foron realizadas hoxe na visita que fixo ás as diversas obras que se están a executar no porto de Ribadeo, na provincia de Lugo

Santiago, 5 de febreiro de 2010.- Portos de Galicia dinamizará e buscar solucións efectivas para un porto cun futuro moi interesante, con importantes tráficos comerciais e, en especial de madeira. Trátase de conseguir un porto polivalente, con boas instalacións. “As cousas ben feitas son compatibles” afirmou o presidente do organismo portuario esta mañán en Ribadeo, ao mesmo tempo que sinalaba que “as tarifas portuarias, a proximidade, a optimización da cadea loxística. Pensamos que o podemos facer ben e competir en vantaxe con calquera outro porto. Vamos a pelexar para manter aquí os tráficos e para ofrecer condicións ás compañías operadoras para que o pensen dúas veces antes de marchar”

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciou tamén en Ribadeo que a nave cuberta para carga, descarga y almacenamento no porto, non se levará a cabo no lugar e tipoloxía elixidas. Sen embargo manifestou o seu compromiso co porto e en especial cos tráficos comerciais para buscar un lugar distinto, con outra tipoloxía e axeitado que cumpra coas condicións necesarias e as necesidades dos usuarios.

Estas declaracións foron realizadas hoxe na visita que fixo ás as diversas obras que se están a executar no porto de Ribadeo, na provincia de Lugo. Obras como son a acondicionamento do bordo portuario, a construción dun edificio de servizos portuarios e as obras de aumento de cota do peirao comercial. Todas elas supoñen un investimento de mais de 2,8 millóns de euros.

As obras de acondicionamento do bordo litoral de Ribadeo teñen como obxectivos principais a posta en valor e a mellora da seguridade vial da zona portuaria de Porcillán, dando preferencia ao peón sobre os vehículos.

Tratase, mediante a execución dun só nivel de firmes e a instalación de mobiliario urbano facilmente removible, de facilitar unha futura peonalización desta zona portuaria. respectando aqueles elementos que forman parte dos pavimentos e peiraos actuais cun maior valor histórico, e tratando de empregar na práctica totalidade das obras proxectadas elementos fabricados con materiais naturais.

Acondicionamento de toda a fachada do bordo interior da dársena de Porcillán nunha lonxitude de 400 metros. As obras previstas se desenvolven entre a intersección do vial da terraza do restaurante el Marinero, desde donde se accede á zona pesqueira e comercial de Mirasol no Sur do porto, e o inicio do dique de abrigo do peirao de Porcillán ubicado ao Norte deste enclave.

Asi mesmo visitou as obras que se están a executar, necesarias para aumentar a cota do peirao comercial de Ribadeo porque diminuirán a afectación producida polas inundacións en mareas vivas, para que, en todo momento estean dispoñibles todos os espazos, de xeito que as empresas que os utilizan, o fagan con plenas garantías e mantendo en todo momento a actividade dos mesmos.

As obras consisten no aumento de nivel da superestrutura do tramo Norte do peirao comercial nunha lonxitude de 198 metros, regularizándoa en todo el a unha altura de 5,10 metros que coincide co nivel do resto do peirao. O investimento

Tamén visitou as obras de construción dun edificio para servizos portuarios co obxecto de dotar ao porto dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto.

O edificio, de forma rectangular, irá situado no bordo marítimo, na área comercial da explanada portuaria, e disporá de todos os servizos urbanísticos con acceso rodado polo Oeste. Inclúense no edificio oficinas de servizos portuarios, despachos e sala de reunións, servizos e vestiarios, ademais dun almacén-garaxe con acceso independente e conexión interior co resto do edificio. Así mesmo se dispón, cun funcionamento totalmente independente, o despacho e vestiario para uso do práctico do porto.

Exit mobile version