Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro comarcal de A Mariña central convoca un curso de condución eficiente

MONDOÑEDO .- O curso vai dirixido a todos/as os/as condutores/as interesados/as en conducir de xeito eficiente e económico. Teñen en torno ás dúas horas de duración e ofrecen contidos teórico-prácticos.

Levaranse a cabo nun percorrido urbano, aproximadamente de 5 a 7 km e que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación na cidade (cruzamentos, semáforos, prazas, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.

O curso contará con monitores expertos que explicarán as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. Os alumnos/as terán a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución eficiente no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e logo da sesión teórica. O vehículo para realizar as prácticas o proporcionará a Fundación Sotavento Galicia.

O número de alumnos/as por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo, cunha duración aproximada de 15 minutos por persoa. O curso complétase coa entrega de material de apoio, no que se inclúe un manual de condución eficiente e un folleto informativo no que se explican os principais criterios e vantaxes da condución eficiente, así como un diploma acreditativo da participación no mesmo.

A Fundación Sotavento Galicia é a encargada de levar a cabo estes Cursos na Provincia de Lugo e son completamente gratuítos.

As prazas son limitadas, e iranse cubrindo por riguroso orde de reserva.

Os interesados deberán poñerse en contacto co persoal do Centro Comarcal A Mariña Central nos teléfonos 982 889 306 e 982 889 301 en horario de 10:00 a 14:30 e de 15:00 a 18:00, ou ben a través da dirección de correo electrónico ccmarinacentral@comarcasdegalicia.com

Exit mobile version