BURELA .- O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, xunto ao delegado de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, realizaron unha visita ao Burela FS, no transcurso da cal Antón Bao anunciou
que a Área de Deportes da Deputación concedeu unha axuda de 125.000 euros ao Burela FS
Nota de Prensa
ANTÓN BAO VISITOU O BURELA FS E ANUNCIOU A CONCESIÓN AO
CLUBE DUNHA AXUDA DE 125.000 EUROS
O vicepresidente da Deputación afirmou que “desde a
Área de Deportes da Deputación sempre fixemos
fincapé en potenciar aqueles proxectos deportivos que se
constrúen desde a base, como o Burela FS”
LUGO, 4 de febreiro de 2010. Esta tardiña, o vicepresidente da
Deputación, o nacionalista Antón Bao, xunto ao delegado
de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, realizaron unha
visita ao Burela FS, no transcurso da cal Antón Bao anunciou
que a Área de Deportes da Deputación concedeu unha axuda
de 125.000 euros ao Burela FS para contribuír co club
mariñao a manter tanto os seus equipos masculino e feminino de
elite como as categorías inferiores.
Durante a súa visita ao Burela FS, onde estiveron cos rapaces
de infantil das
categorías inferiores no pavillón de
Vista Alegre, Antón Bao e Antonio Veiga foron
acompañados por José Ramón González Casas,
presidente do Burela FS e membros da directiva do club. Aproveitando a
ocasión, o vicepresidente e o delegado de Deportes da
Deputación fixeron un pequeno agasallo de material deportivo
aos nenos e nenas da categoría infantil que se atopaban no
pavillón de Vista Alegre. Despois da visita ás
categorías inferiores no pavillón, a comitiva
trasladouse ás dependencias do club na rúa
Pardiñas, onde puideron observar as oficinas nas que se
realizan as xestións para o funcionamento deste proxecto
deportivo mariñán.