Nota de Prensa
A Deputación acorda por unanimidade o Plan de Formación adicado nun 30% ás novas tecnoloxías
– Melchor Roel subliña que o programa contempla 47 cursos que responden ás demandas do persoal público e a necesidade de modernizar á administración local
– O Deputado de Recursos Humanos salienta que o Plan conta cun orzamento de 430.000 financiado nun 70% polo Ministerio, e nun 30% polo organismo provincial
O Deputado de Recursos Humanos, Formación, e Réxime Interior, Melchor Roel, presentou este mércores o Plan de Formación Continua para 2010 que vén de aprobar por unanimidade o organismo provincial, representantes dos sindicatos de UXT, CCOO, CSI-CSIF e CIG, a Federación Española de Municipios e Provincias –FEGAMP-, e o Concello de Lugo.
Roel explicou que o programa inclúe 47 accións formativas dirixidas ó 100 por 100 dos empregados da Administración local, é dicir, tanto os traballadores da institución provincial, como os dos 67 Concellos da provincia. O Deputado salientou “a alta participación dos sindicatos na elaboración do Plan, froito do diálogo social que defende a Deputación. O resultado é un programa que dá resposta as demandas do persoal, ó tempo que atende á necesidade de modernizar a administración local”.
O responsable da Área de Persoal destacou a necesidade de lograr unha xestión áxil e eficaz en beneficio dos veciños da provincia. Para elo, o Plan de Formación Continua varia o contido dos cursos ó respecto do ano pasado, e céntrase nun 30% na informática e nas novas tecnoloxías, así como na e-administración. Melchol Roel subliñou que “para unha boa xestión ós cidadáns, os primeiros que debemos coñecer os beneficios da Administración electrónica somos os responsables da Deputación e os Concellos. Debemos estar preparados para a chegada do Innova-TE, para Administración sen papel”.
30% de novos cursos
Da mesma forma, o Plan de Formación incorpora un 30% de novos cursos. Melchor Roel destacou as xornadas dirixidas a introdución e a tramitación dos programas europeos, e incidou que “dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, a Deputación quere formar ó personal nesta materia porque sabemos que estamos nun momento único para recibir importantes subvencións”.
Neste senso, o Deputado lembrou os máis de 20 millóns de euros que recibiu o organismo provincial da Unión Europea, e que se están a investir en proxectos como o Innova-TE, o Pacto Provincial polo Emprego, o Plan Urban, ou Lug02.
Así mesmo, a mesa de negociación tivo en conta os campos de actuación máis demandados e atractivos da Deputación para a elaboración do programa. Deste xeito, reedítanse os cursos sobre a relación de postos de traballo.
O organismo provincial colabora co 20 Concellos da provincia en materia de planificación e xestión de recursos humanos, e realiza a relación de postos de traballo en 10 municipios: Barreiros, Burela, Folgoso do Courel, Guntín, Lourenzá, Monterroso, Portomarín, Sarria, Taboada e Viveiro. “Isto supón un aforro para estes Concellos de 500.000 euros, cantidade que asume a Deputación”, incidiu.
Melchor Roel fixo fincapé no feito de que o Plan de Formación Agrupada non solape outros plans como propio da Deputación, ou o da FEGAMP, “co obxectivo de ampliar as posibilidades de formación de todos os empregados da Adminstración local, e por tanto en beneficio dos veciños” remarcou.
O orzamento total deste proxecto ascende ós 430.000 euros, do que o 70% están financiados polo Instituto Nacional de Administración Públicas, e un 30% son fodos propios. Cando o Ministerio de Administracións Públicas lle de o visto e prace a programción, todos os cursos publicaránse no Boletín Oficial da Provincia, e na páxina web da Deputación para, no prazo de 3 meses, poder realizar a inscrición.