Nota de Prensa
Amigos e amigas
Este sábado é un pouco especial para todos nos, porque celebramos a
concentración número 50 neste espazo público para reclamar as
urxencias as 24 horas no noso centro de saúde. 50 meses de loita e
perseveranza do que todos os aquí presentes sodes protagonistas.
os que teñades boa memoria lembraredes que antes destas
concentracións que repetimos cada primeiro sábado de mes, os veciños
de Foz xa se teñen mobilizado en moitas ocasións e de distintas maneiras
para esixir a posta en marcha deste servizo.
De vez en cando, paga a pena botar a vista atras para facer balance do
traballo realizado, sobre todo agora que se escoita algunha voz que
pretende desmoralizarnos decindo que a nosa loita e inutil, e que todo
o que se podia conseguir xa esta conseguido gracias as xestións levadas
a cabo desde o concello. A cara dura de algúns parece que non ten
límite. Primeiro utilizaron as urxencias porque o tema daba
votos, ponendose a cabeza das manifestacións cando lles conviña, e
despois, cando o asunto deixou de serlles rentable electoralmente,
deixaron colgados aos veciños que non abandonaron a loita , chegando
a lanzar ineundios para desacreditar a esta comision e para
desmobilizar a xente.
Outros, como o señor Balseiro, reuníronse con nos, prometéndonos o seu
apoio incondicional ás urxenclas de Foz cando o seu partido chegase a
Xunta. Pois ben, o seu partido xa chegou á xunta, e seguimos agardando.
a estas alturas, sabemos moi ben que o que obrigou á Consellería de
Sanidade a poñer en marcha as urxencias no centro de saúde polas
tardes de luns a venres e polas mañáns da fin de semana foi o esforzo
continuado dos veciños e veciñas que participaron nas mobilizacións
convocadas ata agora para reclaiviar as urxencias.
Sabemos tamén que os novos servizos de que dispón agora o centro de
saúde, e mesmo o propio edificio novo non son o froito de ningunha
xestión do alcaldeou de calquer outro persoeiro, senón do sacrificio e
da constancia de todos os que nos movimos e seguiremos movéndonos
para esixir que as promesas se cumplan dunha vez por todas. Sen
esquecernos de que todos os servizos públicos fináncianse cos nosos
cartos, e non son un favor persoal que se lle deba a ninguen.
Ata ese momento, esta comision comprométese a continuar
mobilizándose e animamosvos a todos os que acudides cada primeiro
sabado a nosa convocatoria a que sigades asistindo como ata
agora, sabendo que o noso esforzo non é inutil e dara o seu froito
mais cedo que tarde.
Animo e a seguir!