Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Saúde pide a Consellería de Sanidade que “dunha vez por todas, clarexe o seu proxecto de xestión”

BURELA .- A CIG-SAÚDE  solicita da Consellaría de Sanidade que, dunha vez por todas, clarexe o seu proxecto de xestión integrada de área nas provincias de Lugo e Ourense, e a situación sanitaria, carteleira de servizos e a dotación de Recursos Humanos dos Hospitais comarcais de Burela, Monforte e o Barco.

Nota de Prensa

CIG-SAÚDE

A CIG-SAÚDE  solicita da Consellaría de Sanidade que, dunha vez por todas, clarexe o seu proxecto de xestión integrada de área nas provincias de Lugo e Ourense, e a situación sanitaria, carteleira de servizos e a dotación de Recursos Humanos dos Hospitais comarcais de Burela, Monforte e o Barco.

Na Mesa Sectorial celebrada o día 11 de febreiro a administración sanitaria informounos das liñas xerais que vai conter o Decreto de  estrutura periférica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. O devandito Decreto está en fase de elaboración, polo que a data de hoxe non podemos ter un posicionamento claro sobre o mesmo.

O que si quedou claro na Mesa Sectorial é a confusión que o SERGAS mantén sobre as áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, xa que a información que se deu na Mesa Sectorial non coincide coa información transmitida polos representantes da Consellaría de Sanidade e pola apropia Conselleira ás plataformas cidadás, constituídas nestas área sanitarias.

A pretensión da Consellaría de Sanidade é comezar a xestión integrada nas áreas de Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellería de Sanidade explique canto antes a xestión integrada das Provincias de Lugo e Ourense e a dependencia dos hospitais comarcais de: Monforte, Burela, O Barco e Verín.

Exit mobile version