Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños “O Castro” de Foz quere ir á reunión con técnicos da Xunta que informarán sobre o POL

FOZ .-A asociación de veciños “O Castro” de Foz pide estar presente na xuntanza que membros da corporación municipal van manter cos redactores do PXOM e con técnicos da Xunta de Galicia onde se lles informará sobre o Plan de Ordenación do Litoral.

Nota de prensa

A Asociación de Veciños “O Castro” tivo coñecemento de que os membros da corporación municipal van manter una reunión cos redactores do PXOM e con técnicos da Xunta de Galicia onde se lles informará sobre o Plan de Ordenación do Litoral. Como esta Asociación considera que é a explicación e aclaración de dúbidas do POL é un tema que afecta a todos os veciños, vén de presentar no Concello una serie de escritos dirixidos ó alcalde e os portavoces dos grupos municipais para que representantes de “O Castro” podan estar presentes a fin de facer chegar ós seus asociados toda a información posible sobre esta nova normativa.

Ademais desta solicitude, tamén se interesou que a través do alcalde coma dos grupos municipais se fagan as xestións necesarias para que esa mesma reunión se manteña con representantes de todas as Asociacións de Veciños do Concello, en especial aquelas que teñan o seu ámbito de actuación na área de influencia do POL.

Tras ser presentados e rexistrados estes escritos o martes 23 de febreiro, espérase que a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz teña una rápida e satisfactoria resposta.

Exit mobile version