Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve a pórse en marcha o programa “Ponte en Forma” en Xove

XOVE .- Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, volve a pórse en marcha despois do parón de Nadal o programa “Ponte en Forma” na aula deportiva.

NOTA DE PRENSA

EN MARCHA O PROGRAMA “PONTE EN FORMA”

Despois do parón navideño, hoxe luns, 11 de xaneiro, volve a porse en marcha o Programa “Ponte en Forma”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove. Este Programa está a ter unha excelente acollida por parte dos nosos  veciños/as, se temos en conta a participación en cada unha das actividades .

As actividades, que durante o presente curso 2009-2010  estanse desenvolvendo na Aula Multideportiva, son:

-Ximnasia de matemento os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas. Contamos con 25 alumnos/as, número máximo admitido, contando con varias persoas en reserva.

-Aeróbic os luns, mércores e venres de 10:15 a 11:15 horas, con 22 alumnos/as.

-Pilates os martes e xoves  de 10:10 a 11:10 horas, con 15 alumnos/as, número máximo admitido, contanto con persoas en reserva, tanto nesta especialidade como na de maiores.

-Pilates para maiores de 50 anos, os martes e xove de 11:15 a 12:15 horas, tamén con 15 alumnos/as.

As clases son impartidas pola Monitora Deportiva Municipal Estívaliz Dayán.

Exit mobile version