Site icon Crónica3.com A Mariña

Valese o PP da falla de servizos no Hospital da Costa e asegura que o goberno de Burela “coma sempre, chega tarde nas autopsias”

Nota de Prensa

Os populares afirman que Zapatero recórtalle a Burela 141.983’35€  en 2010.

Aseguran que o alcalde non está facendo nada para evitalo.

O GMPP afirma que “o bipartito burelés, coma sempre, chega tarde nas autopsias”.

O GMPP de Burela asegura que Zapatero reduce a aportación do Estado ó concello de Burela, a razón de quince euros por persoa, o que fai un total de 141.983’35€. O Estado aportoulle ó concello 1.477.022’42€ en 2009, pero en 2010 recibiremos só 1.335.039’07€. Ou sexa, recibiremos un 9’61% de menos.

E todo esto, segundo os populares, co alcalde e o bipartito burelés mirando para outro lado. O PP, asegura, xa advertiu desta posibilidade hai tres meses, e mesmo chegou a cuantificar a merma da participación nos tributos do Estado en 150.000’00€. Pois ben, tanto o alcalde coma os demais membros do bipartito “pasaron” do asunto, e dixeron que eso non ía ocurrir. Agora vese que o PP tiña razón, e que estes señores non moveron un dedo para evitar que o conxunto dos cidadáns de Burela perdan practicamente vintecatro millóns das antigas pesetas.

E esto, tendo en conta a situación de crise económica que estamos a sufrir, e a propia situación financieira do concello, tén unha enorme gravidade, porque o bipartito, coa súa postura cómplice con Zapatero, pón en peligro a continuidade de servicios básicos para os veciños.

Por eso, o PP presentará unha moción para solicitarlle ó Goberno de Zapatero que rectifique o recorte dos recursos dos concellos, ainda que xa pode adiviñar a postura do alcalde, que votou en contra a finais de Outubro dunha moción semellante, perxudicando así gravemente os intereses dos veciños de Burela.

Por outra banda, os populares consideran que o bipartito “chega tarde, coma sempre, no asunto das autopsias”. Os populares afirman que efectivamente había un problema, pero é o PP quen o resolve, non o bipartito. “Resulta increible que agora, logo de que o PP pregunte no Parlamento, veña o bipartito burelés interesándose polo asunto, polo que cabe preguntarse por qué non o fixo antes”. Para os populares, a resposta está clara: porque traballan pouco e non hai capacidade de sacrifício e interese polos veciños, solo hai verborrea. Así, con esta moción, xustifican un pleno que se tiña que ter celebrado onte, xoves, que ainda non está convocado oficialmente, e que todo apunta a que só servirá para demostrar unha vez máis que levamos trinta e catro meses de bipartito que non teñen servido para nada.

Exit mobile version