Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas 2.500 persoas participaron nos cursos do CENTRAD en 2009

LUGO .- Unhas 2.500 persoas participaron nos cursos que organizou a Deputación a través do Centro de Artesanía e Deseño durante o 2009. Deste xeito, o número de beneficiados incrementouse nun 42% con respecto ao 2008, ano no que o número de participantes ascendeu aos 1.700.

O CENTRAD, dependente da Deputación, celebrou un total de 255 obradoiros de cestaría, xoiería, tapiz, oleiría, cerámica, vidro, textil, construción de instrumentos, ebanistería, restauración de mobles, e monicreques. Destes, 55 organizáronse na sede do Centro de Artesanía e Deseño ou no local do Río Rato, mentras 200 estanse a impartir por todos os colexios da provincia luguesa.

A oferta formativa da Deputación para o 2009 tamén ascendeu en relación á convocatoria anterior en máis dun 20% xa que, dos 180 obradoiros que se organizaron durante o 2008, pasáronse aos 255.

En total, os obradoiros de 2009 deixan 3.900 horas lectivas que foron impartidas por 26 profesores de diferentes nacionalidades. Na súa maioría, os docentes proceden de Galicia e Cataluña, aínda que tamén se contou coa participación de profesionais da artesanía de Murcia, Extremadura, Andalucía, e ata Francia, Gran Bretaña, e Alemaña.

A Deputación está a pechar xa a programación de obradoiros para o 2010 que porá en marcha en febreiro, e que presentará nos vindeiros días.

Exit mobile version