SAN CIBRAO .- O temporal de neve, frío e auga que estamos a vivir en A Mariña aportou a maiores un tornado. O fenómeno meteorolóxico pasou na mañá do xoves, nas inmediacións da fabrica de Alcoa en San Cibrao, como se pode ver nas fotos realizadas por Felix G. e feitas públicas por Marco A. González, administrador da web www.sanciprian.es.
As imaxes do tornado sobre Alcoa foron tomadas pasadas as doce e cuarto da mañá, desde a rúa Galiñeira de San Cibaro mentres tornado parecía desprazarse desde o concello de Xove cara ó concello de Cervo por encima de Alcoa.
O temporal tamén deixou imaxes pouco comúns na costa como a neve preto do mar ou as dificultades para poder circular polas estradas costeiras, fora dos habituais problemas que causa a neve en Gañidoira e na Xesta.