O Concello de Cervo, iniciou no ano 2008 o programa “Ao Teu Carón” co ánimo de achegar os servizos aos seus veciños e dotar de actividades lúdico-formativas a todos os seus habitantes, facendo fincapé na zona rural. Neste tempo lévanse desenvolvido obradoiros, torneos de parchís e tute; así coma outras iniciativas coma o servizo de biblioteca itinerante na zona rural.
Segundo indicou Pilar Armada, nas xuntanzas do luns aproveitarase para concretar cales poden ser os horarios máis axeitados para desenvolver os campionatos de tute e parchís deste ano, así como as datas da celebración dos talleres de memoria nas respectivas parroquias. “Tamén queremos que a xente que asista aporte ideas e nos diga que tipo de actividades lles interesa a maiores destas para ver de poder programalas” sinalou a edil de Asuntos Sociais cervense.
Os horarios e lugares das devanditas reunións serán:
* 16,00 horas: Local Social da Venta
* 16,30 horas: Local Social de Castelo
* 17,00 horas: Local Social de Trasbar
* 17.30 horas: Local Social de San Román
* 18,00 horas. Local Social de Rúa
* 18,30 horas: Local Social de Cervo (Ecomuseo)
* 19,00 horas: Casa da Cultura de San Cibrao