RIBADEO .- Na rúa Rodríguez Murias de Ribadeo tallaron catro árbores que estaban afectados por un fungo, segundo explicou o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista sinalou que “nesa rúa había 12 árbores, 8 xa foron retirados con anterioridade porque estaban podrecidos e agora procedemos a tallar os outro catro”. Nos próximos días procederán ao retirado das raices e “despois pediremos información sobre o tipo de árbores que se poderían plantar nesa zona”.