Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorprendese o PP de Burela que o alcalde ofreza explicacións sen que llo pidan

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o alcalde non pode mirar para outro lado no asunto do peche dos pubs en Noitevella.

Os populares pídenlle que explique que conversas mantivo coa Guardia Civil antes e depois do acontecido.

O PP advírtelle que “é o alcalde, para o bon e para o malo” .

O PP de Burela afirmou hoxe que resulta lamentable que o alcalde de Burela saia na prensa afirmando que el non é o culpable de que se advertise ós pubs de Burela que deberían pechar na celebración de Noitevella. E resulta lamentable porque ninguén lle pideu ningunha explicación pública sobre o acontecido.

Os populares son conscientes de que é  complexo garantir o dereito ó  descanso co dereito á diversión, e máis complexo ainda en datas sinaladas coma as Festas de Nadal. Pero entenden que agora, pasados uns días, e cos ánimos serenos, é cando cabe preguntarse polo papel que pintou o alcalde en todo este asunto. En primeiro lugar, o alcalde non pode mirar para outro lado neste tema, porque el é o alcalde non só para cando hai que “tomar uns cafés” ou chocar as mans, senon tamén, e sobre de todo, para cando hai que dar a cara en asuntos delicados, coma por exemplo este. Un alcalde que se precie non pode “escaquerse” tal e como el o fixo.

En segundo lugar, o alcalde debe explicar que tipo de conversas, e con quen, mantivo de cara a garantir a convivencia entre o dereito ó descanso e o dereito á diversión durante as festas de Nadal. O PP, mentras estivo no goberno municipal, mantivo sempre reunións previas ás celebracións de Nadal coa Guardia Civil, coa finalidade de garantir a convivencia dese doble dereito. E cando houbo problemas, nunca naide do equipo de goberno saleu na prensa decindo que non era cousa nosa, como fixo irresponsablemente o alcalde actual.

Porque a culpa de todo o que pasa está na propia personalidade do alcalde: unha personalidade débil, dun home que nunca asume responsabilidades, que nunca tén a culpa de nada; unha personalidade ausente de carácter e falta da suficiente valentía para tomar decisións, só pode conducir a un acto de cobardía coma o que protagonizou o noso alcalde, porque dado que se explica cando non llo piden, temos que concluir que algo tén que ocultar: “excusatio non petita, acusatio manifesta”. E ademais preguntámonos para que o queremos de alcalde se non sabe estar onde lle corresponde.

Os populares lamentan que o alcalde non se puñese en contacto cos responsables dos pubs ós que se lles indicou que pecharan. Eso é o menos que tiña que ter feito, logo de coñecer as circunstancias que tiñan acontecido, se había ou non algún establecemento sancionado, etc.  E nesa reunión, dar a cara, explicar as conversas que tiña mantido, decir se había ou non establecementos sancionados e por qué motivo, e mesmo fixar criterios para días tan sinalados nos que el mismo recoñece que non se cumple estrictamente a normativa vixente. Pero os responsables dos pubs ainda están agardando por esta reunión, o que merece calquera calificativo menos os de serio e responsable.

Pola contra, silencio total e oscurantismo. Como xa dixemos outras veces, este home non dialogoa porque non sabe e porque non é capaz de chegar nunca a ningún acordo.

Exit mobile version