Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP de Burela o alcalde non debe facer peticións en materia sanitaria

NOTA DE PRENSA
Os populares consideran “deslexitimado” ó alcalde para facer peticións en materia sanitaria.

Aseguran que os bipartitos burelés e da Xunta non fixeron nada en materia de sanidade.

O PP lembra que o Centro de Saúde a a ampliación do Hospital son obras feitas pola Xunta de Fraga.

O PP de Burela afirma que o alcalde está deslexitimado para facer calquera petición en materia de sanidade porque durante a convivencia de bipartitos na Xunta e no concello foi incapaz de conseguir nada para Burela nesta materia.

Nada que ver coa xestión feita polo PP, xa que a ampliación do Hospital e o Centro de Saúde son obras que se fixeron co PP gobernando a Xunta e o concello, o que demostra capacidade de xestión e traballo, xusto do que carece o actual alcalde.

Os populares indican que a deslexitimación vén dada pola incapacidade do alcalde de conseguir que a que era conselleira de Sanidade viñera a Burela, agás unha soa vez e por cuestións protocolarias, proba do nulo interese do PSOE polo hospital de Burela e pola sanidade pública en xeral.

Ademais, o alcalde minteulle ó pleno da corporación e á cidadanía en xeral cando a finais de 2007 afirmou, a raiz dunha moción presentada polo PP, que a Xunta bipartita incluiría sete millóns de euros nos seus presupostos de 2008 para a ampliación do hospital. Logo demostrouse que non había nada de nada. Por eso, por mentir, o alcalde non é de fiar e non tén credibilidade.

E por riba de todo, o outro día tén a desvergoña de facer peticións en materia de sanidade acompañado dun membro da executiva provincial do PSOE que nada pode decir da materia. Cando o que tiña que facer era facer esas peticións acompañado de algún dos altos cargos en materia de sanidade do anterior bipartito. Pero como non é capaz de traer a ningún deses altos cargos, pola sinxela razón de que non veñen porque non se atreverían a facer ningunha petición de ningún tipo dada a súa incapacidade manifesta de facer nada mentres gobernaron.

E para colmo, decir que o alcalde “larea” moito na prensa, pero ainda non tivo a delicadeza de falar con ningún responsable actual da sanidade pública galega. Pola sinxela razón de que non se dignoua dirixir unha petición de entrevista por escrito, o que demostra que está buscando un enfrontamento coa Xunta por cuestións meramente partidistas, cando desde o seu posto de alcalde debería de primar a cordura en materia de relacións institucionais.

Outro tanto cabe decir do diputado socialista Ismael Rego, que de repente tén unha preocupación extrema polo hospital e pola sanidade pública, cando nada fixo, nada, para millorar as condicións do hospital, nin cando puido, porque non quixo, nin cando nn puido, porque torpedea. E compre lembrar que a Ismael Rego, que leva de parlamentario autonòmico máis de vinte anos, non se lle coñece ningunha obra ou servicio que trouxera para Burela ou para A Mariña.

Exit mobile version