Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanidade insiste en falar de xestión integrada entre a atención primaria e especializada, asegura o PP

Nota de Prensa

O BNG MANIPULA UNHA RESPOSTA DE SANIDADE
Ante a manipulación realizada polo portavoz comarcal do BNG dunha resposta oficial da Consellería de Sanidade, co obxecto de facer crer que a mesma apoia a falsa teoría nacionalista da creación de xerencias unicas e supresión da área sanitaria da Mariña, xunto acompañamos o documento literal.

Cómpre salientar que en todo momento Sanidade insiste en falar de xestión integrada, de integración entre a atención primaria e especializada. Así como tamén en aclarar que a lexislación actual faculta á creación dun xerente de area integrada que de existir asumiría as competencias que nel delegue a Conselleira ou a Xerente do SERGAS, pero que substituiría aos DIRECTORES PROVINCIAS do SERGAS e non dos directores xerentes dos distintos hospitais.

Sanidade confirma tamén que dentro do  programa PLANS DIRECTORES E OUTRAS ACTUACIÓNS o Hospital da Costa dispón dun orzmento de 1,02 millóns de euros, para reformas diversas (ano 2010)

Exit mobile version