RIBADEO (FNC) .- Ribadeo estará presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo que se celebra desde hoxe en Madrid. O Concello formará parte xunto a outros da Mariña do stand de Turgalicia.
Non haberá representación política oficial do Concello de Ribadeo en Fitur, segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, “dado que axustamos ao máximo os orzamentos e queremos evitar o gasto que supón o desprazamento e a presenza de varias persoas en Madrid durante uns días. Tamén porque temos moito traballo que facer aquí. De todos os xeitos Ribadeo estará perfectamente representado no stand de Turgalicia no que se ofrecerá información e promoción turística do noso municipio e do resto da comarca”.