Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP de Burela que o alcalde consensue as obras na xunta de portavoces

NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que o alcalde é un mal xestor.

Manuel Fernández afirma que “só as obras do Plan E lle salvan a cara ó bipartito”.

O PP non vé ningún proxecto “ilusionante para a cidadanía burelesa”.

O PP de Burela afirmou hoxe que o alcalde é un mal xestor dos cartos de todos os cidadáns bureleses porque “só as obras do Plano E de Zapatero lle salvan a cara ó bipartito ante a ausencia total de investimentos por parte do concello”. Os populares aseguran que os investimentos reais con fondos propios do concello “son unha broma”, e os retrasos nos pagos “son máis que evidentes, só hai que falar cos empresarios de Burela para saber o que pasa, a algún debéselles entre vinte e cinco mil e trinta mil euros.

O concelleiro popular, Manuel Fernández Valle, asegurou que “non se pode decir que o bipartito teña sido útil para Burela nos dous anos e medio que levan gobernando; máis ben o contrario, queixáronse no seu día que non lles quedaban cartos e agora os poucos que hai derróchannos en gastos diversos. Econmicamente, os bipartitos son un seguro, pero un seguro para deixar as economías arruinadas, deixar furados por todas partes, e por riba despilfarrar”.

Precisamente por eso, Fernández Valle considera que o alcalde debe convocar á Xunta de Portavoces para consensuar as obras que se inclúan no Plano E, “porque se se vai facer pouco, alomenos consensualo entre todos”. Fernández Valle considera que “sería unha tomadura de pelo que se convoque ós portavoces para comunicar o que se tén decidiod que se vai facer, para eso xa nos enteramos pola prensa

Ademais, os populares non ven, nin no futuro inmediato, nin a medio prazo, ningún proxecto que ilusione á cidadanía; é máis, segundo Fernández Valle, non se ve ningún cambio de actitude para tentar enderezar o rumbo que está tomando a economía do concello: “estamos comenzando a caída libre, e ó final teremos que pagar entre todos nos próximos anos o irrefenable gusto dos socialistas e dos nacionalistas por usar alegremente os cartos de todos”.

Exit mobile version