Fernando Suárez explicou que “lles entregamos unha proposta de regulamento orgánico de participación cidadá do Concello, que entendemos positivo de cara a relacionarse o movemento asociativo co Concello e hai unha serie de propostas de consellos de participación cidadá, de consellos sectoriais de varios aspectos da vida socioeconómica do Concello que é boa cousa crear. Tamén lles explicamos polo miudo todo o traballo que estamos a realizar desde a reserva da biosfera na súa vertente institucional entre Principado, Xunta e Concello e tamén esta outra, que nos parece moito máis productiva, que é esa asociación de concellos onde temos que xustificar e investir un diñeiro moi importante xa para esta anulidade 2010 e espuxémoslles os criterios de reparto”.
O rexedor engadiu que “falamos da necesidade de crear carriles bici e propuxémoslles a proposta que xa hai un ano remitimos a Costas para que estudie a posibilidade de crear un carril bici desde as inmediacións do Cargadeiro ata Rinlo, todo pola costa aproveitando os camiños existentes. Entendemos que é unha opción non é demasiado costosa para Costas e podía ser un atractivo turístico e deportivo para moita xente para poder articular durante 7 ou 8 kilómetros un carril continuo con toda a seguridade que ofrecen este tipo de alternativas”.
Suárez Barcia seguiu a relatar que “analizamos a saca de madeira por camiños públicos que moitas veces ocasionan molestias aos veciños das parroquias e aos usuarios deses viais. Tamén lles fixemos entrega dun convenio que temos pendente de asinar, pero aprobado na xunta de goberno local, entre o Concello e a asociación de empresarios de primeira transformación de madeira de Lugo sobre o ámbito forestal que afecta a este concello. E houbo tamén unha serie de cuestións que encaixamos de bó grao de cara a tentar facer máis cousas ou críticas que aceptamos de xeito positivo porque eso nos axuda a non perder o norte da nosa atención aos veciños e ao movemento asociativo, representante dunha parte moi importante deste veciños”.