Posiblemente o recoñecemento universal da terapia que significa, para a saúde do corpo e da mente, a práctica mais ou menos cotidiana do exercicio que representa o camiñar, nesta sociedade sedentaria, tecnificada e informatizada, que apenas esixe esforzo algún mesmo naqueles traballos que tradicionalmente o requerían, ou que o “andar a pé” quedou para a lembranza de tempos de pobreza e subdesenrolo; pode ser, como decimos, a razón primeira para que a xente se organice colectivamente e xurdan, da forma en que o fan, numerosos grupos animados por tal obxetivo. E se a éste se engade o gusto pola natureza, o patrimonio cultural e os elementos etnográficos, as relacións humanas, o amor ó país, a través do coñecemento da súa orografía, historia, costumes, paisaxes e paisanaxe… entón practícase o sendeirismo, actividade que, como escribira Xosé Manuel Carballo, “permite compaxinar natureza, paisaxe, silencio, cantigas das augas, arrechouchíos dos paxaros… dos que disfrutan quen aínda son capaces de ver o mundo con ollos de poeta”, A práctica desta modalidade encetouse en Francia polos anos 40 do pasado século e 30 anos mais tarde entrou en España por Cataluña. Hoxe está moi extendida por toda Europa, e a nosa comarca non é allea ó fenómeno.
Dende hai anos en Foz contamos con un colectivo destas caracteríticas, “Os Sendeiros”, que aglutina a numerosos veciños,que desarrolla un labor meritorio; o dinamismo de rectores e compoñentes, fan que manteña unha permanente actividade, con constantes percorridos, moitos afastados da nosa bisbarra, e son todo un exempro; cada ano editan unha magnífica pubricación na que contan as súas vivencias, formando un auténtico catálogo dos valores a que aludimos, por tantas rutas que previamente triparon.
Na dinámica parroquia focega de San Martiño acaba de nacer un novo colectivo para a práctica do sendeirismo: Os Rueiros, que inician a súa actividade coa programación dunha marcha sobre Compostela dende a histórica basílica que dende hai mais de mil anos preside a vida comunitaria parroquial, e así reivindicar a desviación do Camino Norte polo lugar, que foi paso de peregrinos e hospital onde se atendía ós mesmos.
Suso Fernández